As flores radioactivas é unha novela crí tica coa destrució n da natureza e a manipulació n informativa. Un relato que aposta por un mundo má is xusto e en paz.
Un estrañ o resplandor aparece no mar, nunha á rea coñ ecida como Fosa Atlá ntica. Nesa zona, durante ben de anos, varios paí ses europeos mergullaron os residuos radioactivos das sú as centrais nucleares.
Cando a OTAN enví a barcos ao lugar, descó brese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboació n.
Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñ ecer a verdade. Tras introducirse como polisó n no barco, viaxará á zona cunha expedició n organizada por un grupo ecoloxista.
Iní ciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusió n mundial.