Hai unha trama de fí os invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustí n Ferná ndez Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adriá n. todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosí simo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais tamé n experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as sú as variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se manté n má is alá da morte. Aí nda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuí mos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, ? na vida o ú nico que queda é o amor? . E sempre, os libros como compañ eiros da aventura do amar. Un libro memorable.