Carolina Ernau é unha muller que loita por sobrevivir nunha cruel guerra fratricida onde os gañ adores, ademais de tratar de aniquilar fisicamente os vencidos, pretenden impedir que pensen e imaxinen. Unha muller que se converte en maquis e espalla a paixó n polos libros, sobre todo por aqueles que a marcaron como ser humano, aqueles que se viu obrigada a ler na clandestinidade, á luz dun farol ou baixo o foco dunha lanterna. Unha muller sobre a que penden ameazas de cadea, de tortura e de morte.
Este é o relato dunha vinganza, a de quen non soporta a impunidade dos crimes e decide administrar xustiza pola man, protagonizando peripecias que poñ erá n en perigo aquelas persoas que participan no cometido. Unha destas persoas é o xornalista Tomá s Abilleira, que inicia unha investigació n sobre Carolina Ernau tras coñ ecer a Rosalí a Mera, unha enxeñ eira que traballou para os nazis durante os anos corenta do sé culo XX.
'Carolina', a ú ltima novela de Alberto Canal, é unha historia de paixó ns, vinganza e libros que, por empatí a, deberí a ser lida á s escuras e cunha lanterna na man.