Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañ eiro Mamaló n, aguanta as impertinencias da sú a veciñ a Meticona e resí gnase á ausencia da sú a mai, que nunca pode xogar con ela. Pero un dí a, ao volver da escola, da sú a mochila emerxe Nin, un trasno ou trasna, segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apré ndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.