Dous irmá ns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fó ra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñ ece. Un dí a o seu encerro vese alterado, e o seu pai adví rtelles: 'Imaxinade que a vosa sombra se separa de vó s e cobra vida propia. Imaxinade que a imaxe do espello ten vida de seu e actú a pola sú a conta. Ha chegar un momento en que teñ ades dificultades'.
Publicada hai tres dé cadas, a novela de Suso de Toro 'A sombra cazadora' converteuse nunha das obras má is lidas da literatura xuvenil. Esta edició n, revisada e ampliada polo autor, afiá nzaa como un texto de lectura inexcusable.