'Vencerse é cousa de se tratar.' Este verso da escritora Xela Arias é o xermolo da historia dun grupo de rapazas que son quen de superar todos os atrancos que xorden na sú a vida persoal e no instituto grazas á 'Teranga' e á riqueza de compartir as palabras que nos definen nas distintas culturas.
Aquel fora un curso escolar inesquecible para todas, porque o amor, o compañ eirismo e o traballo en equipo lograran vencer fronte á s persoas que non entenden que na diversidade está a mellor das riquezas.
E tamé n porque formaran un grupo musical, Seneregue, que as unira para sempre.