O mundo en xeral, e a sociedade galega en particular, está a experimentar profundos cambios asociados con procesos de dixitalizació n que afectan as organizació ns e a nosa vida cotiá : os grandes riscos e as crises globais e, en concreto, o cambio climá tico e a transició n ecoló xica que cambian os nosos océ anos, os nosos montes; a nosa forma de consumir; o envellecemento da poboació n que afecta a vida activa e o xeito de nos relacionar e de organizar as familias; o abandono do rural e a ordenació n dos espazos que fan necesario mudar a estrutura tradicional de municipios e provincias por outras má is axeitadas; a posmodernidade e a forma de ordenar o traballo e o lecer.
Tamé n está aí o xurdimento de novas desigualdades e a exclusió n social; a loita pola igualdade de xé nero; a globalizació n e o xeito de influenciar na economí a, na polí tica e na cultura; a gobernanza da sociedade a nivel micro nos pequenos ambientes e a nivel macro como o caso da Unió n Europea, en que Galicia debe estar atenta a participar nas problemá ticas que nos atinxen.
Ao longo dos diferentes capí tulos o lector pode descubrir como está n condicionando estas cuestió ns o territorio de Galicia, a sú a natureza e os montes, a pesca, os mares, o turismo, o lecer e o xeito de nos divertir, o mercado laboral, a educació n, a poboació n e a despoboació n, a riqueza e a pobreza, a saú de mental, as migració ns, a reconfiguració n urbana, os incendios e mesmo a nosa lingua da man de 34 autores e autoras de recoñ ecido prestixio que fan unha aná lise precisa e con proxecció n de futuro.