Na aldea onde vive Ánxela, os muíños do parque eólico deixaron de xirar coma todos os días. A xente di que houbo un accidente, que unha avioneta se estrelou contra eles, que o exército anda a facer pescudas pola contorna. . . As preguntas aumentan cando Ánxela atopa, no galiñeiro da súa casa, un peluchiño adorable con aspecto de toupa. Di que se chama Spencer. Pero. . . Quen é? De onde vén? , e sobre todo. . . , como se pode ser tan bonitiño? Unha emocionantísima viaxe repleta de humor e trepidantes aventuras.