«Lixeiro», o terceiro libro de Ismael Ramos, é unha reflexión sobre os desencantos do presente e a procura dunha transcendencia que non chega. A precariedade, a amizade no transo á idade adulta, unha parella que se desintegra, unha irmá que medra, lebres que cruzan a estrada sen mirar, traballadores en barco, tren, autobús. . . Todos eles atravesan este poemario, que foxe coma un animal miúdo sen saber moi ben onde vai, gozando de cada respiración na carreira. Velaquí o latexo dun corazón novo.