Un equipo de guionistas ? tres mulleres e dous homes? recibe a encarga de escribir os guió ns dunha futura serie de televisió n que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluí rse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hó spedes. Ao terceiro dí a, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicació ns e o fluí do elé ctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irá n descubrindo que naquel hostal ningué n é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas sú as vidas.
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela expló ranse os medos esenciais do ser humano e tamé n aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste sé culo XXI. Un libro esencial na obra de Agustí n Ferná ndez Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.