Tempos de bebidas isotó nicas e fast-food está constituí do por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas veces de gran angular, outras de teleobxectivo, sobre as contradició ns e o devalo da sociedade galega do noso tempo. A utilizació n preferente da primeira persoa como voz narradora testemuñ al, axustada en cada relato ao rexistro do personaxe, confí relle rotundidade e credibilidade a cada unha destas historias mí nimas. Un humor marabilloso, sutilmente retranqueiro, e un coidado rexistro lingü í stico coloquial, impregnado cos aromas dos viguismos e das variantes da fala popular das Rí as Baixas, tiran dunha lectura tan engaiolante como acedamente divertida para configurar un libro que berra, que protesta, que denuncia. Dende o memorable relato 'O curso de novas tecnoloxí as', que abre o libro a gargalladas, pasando pola versió n bí fida de 'By Glory Lake' ou polo emotivo 'Non me chames terrorista', até o estremecedor 'Vitrasa', Á lex Alonso debulla algunhas das causas e prexuí zos da desigualdade e da precariedade da Galicia actual.