'Pra escribir, escó itome a min mesmo e a mú sica das palabras, non as normas dos gramá ticos'. En 'A mú sica das palabras. De lingua e literatura, 1990-2021' Darí o Xohá n Cabana reflexiona, con rigor e excelencia, sobre literatura e lingua, compartindo o seu coñ ecemento e prestando especial atenció n á tradució n e á poesí a. Son pequenos ensaios, en forma de artigos e conferencias, escritos entre 1990 e 2021, nos que aborda a obra de moitos dos autores má is relevantes da literatura galega, unha boa parte dos cales mantiveron unha estreita relació n persoal con Darí o: Celso Emilio, Manuel Marí a, Xosé Marí a Á lvarez Blá zquez, Marí a Mariñ o, Novoneyra, Cunqueiro, Lois Pereiro, Xosé Miranda, Dí az Castro, Xosé Luí s Mé ndez Ferrí n. . . , ademais de grandes nomes da literatura universal coma Dumas, os trobadores occitanos e, xaora, Dante e Petrarca.
Darí o Xohá n Cabana deixa constancia neste volume dunha vida enteira dedicada a ennobrecer a cultura galega e facer da sú a lingua e literatura un herdo imprescindible. Como activista, como poeta, como narrador, como tradutor, o labor de Cabana apunta sempre a resaltar a calidade e inmensidade da lingua levá ndoa a calquera outro tempo, cultura e literatura coas sú as tradució ns, coa intenció n urxente de enriquecer o noso idioma má is alá do que inclú en os dicionarios, porque como afirma nestas pá xinas, 'cada vez que unha palabra morre, ou é asasinada [. . .], daquela morre unha pequena parte da lingua, e polo tanto morre tamé n unha minú scula parte da patria'.