Cada seis meses, coma un cravo, os empregados dunha pequena sucursal bancaria reciben a visita desagradable da señ ora Gondar, unha muller de aspecto miserable e cun fedor corporal insoportable que controla ata o mí nimo detalle as sú as contas millonarias. Amanda, unha noví sima empregada da oficina, até ndea unha soa vez. Un mes despois do encontro, a señ ora Gondar falece e Amanda convé rtese inesperadamente na sú a ú nica herdeira.
A moza, xunto co seu amante xornalista, Enric, comeza unha investigació n sobre a identidade da anciá e descobre a historia vital que uniu de por vida a dú as mulleres poderosas: os terribles segredos que as devoran, as culpas que as perseguen e a tó xica relació n entre elas que remata nun final perturbador.
Amanda non só herdou unha fortuna, tamé n herdou unha culpa.
Con 'A culpa' Marí a Solar mergú llanos nunha narrativa na que non podemos tomar alento ata desvelar por completo esta historia de dominació n, tolemia e morte onde a culpa é omnipresente.