Pá xinas en branco, capí tulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulació n urbaní stica e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro 'De catro a catro'. . .
'Etceteramente' é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable. . . Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un có ctel literario de preguntas: quen escribe? , quen le? , para que? , como? , que? 'Etceteramente' é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamé n encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dú bida e contradició n, de crí tica, de reflexió n, de rebeldí a contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo. . . Un fogar de portas abertas.