'Nogard era un dragó n que tiñ a todo do revé s e, no canto de lume, botaba auga pola boca. . .' Cando Celia comeza a inventar esta historia para os seus sobriñ os non sabe como acabará . Tampouco sabe que ela mesma se verá arrastrada pola irmandade dos ratos a desafiar o Papapalabras, o monstro que devora palabras, na procura da chave do gardaestrelas. Unha aventura trepidante polo paí s de Milmontes que pon a proba a afouteza de Celia e a sú a capacidade para termar das palabras fronte aos monstros, que queren facelas desaparecer.