O aburrimento entrou de cheo nas vidas de Roque, Mafalda, Mabel e Brando xogá ndolles malas pasadas. Está n empezando a ver cousas moi estrañ as no barrio. É posible que a sú a veciñ a sexa algo má is ca unha anciá encantadora? Será certo que garda relació n cos misteriosos roubos que se está n producindo na cidade?
O Hematocrí tico, Marí a Lado, Daniel Landesa e Ledicia Costas uní ronse para crear Caramomia, un divertido misterio a oito mans.