Cando a sú a familia abandona a cidade para vivir nunha aldea preto de bosque, Uxí a descobre un mundo descoñ ecido onde nada é o que parece ou non parece o que é . O veciñ o má is pró ximo é un apicultor rabudo que, no canto de criar abellas, semella poñ er trampas para apreixar fadas. A nova escola tampouco é como esperaba, tendo que soportar o acoso e as burlas dos má is brutá ns simplemente polo seu aspecto (e por ser má is intelixente que todos eles). Coa inesperada aparició n dunha amiga invisible intentará superar todos os atrancos que a realidade teima en poñ er no seu camiñ o.
Un conto de fadas pouco convencional sobre sobre o poder da imaxinació n
para enfrontar problemas reais.