Este curso non pinta ben para Marta. O mestre quere traballar nun proxecto para o que van ter que falar coas sú as avoas. . . Pero ela non ten avoas! E iso que, se mira ao redor, ve unha chea. Se hai tantas, por que ela non pode ter unha? Non lle queda outra: terá que secuestrar unha avoa, e nada mellor que involucrar as sú as amigas para levalo a cabo. A conciliació n familiar, as necesidades das persoas maiores, os afectos e a sororidade entre as personaxes son algú ns dos temas desta novela fresca e divertida que, a travé s do humor, transmite de xeito maxistral a complicidade entre as diferentes xeració ns e unha ollada novidosa sobre a vellez.