Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazó n unha ferida aberta que non estiñ a nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rú as que nos acollesen sen censurarnos.