Escuro e descarado como a mellor Yolanda Castañ o, 'A falsa autó noma' solta un obú s sobre contidos infrecuentes para a poesí a e sinala o impacto emocional que poden ter as dificultades econó micas. Faino cun fondo simbolismo capaz de falar de dé beda, obediencia e autoexplotació n dun xeito transcendente.
Un poemario sobre a fustrigante servidume do traballo, nomeadamente o dun campo cultural tan inzado de clarescuros.
Unha voz, quer sarcá stica, quer autocrí tica, desesperada ou rabiosa, profundamente polí tica, pon o foco na maquinaria á vez insaciable e degradante do capital, deixando ver que o mandato econó mico é , á fin e ao cabo, un mandato de miseria.