Durante o ú ltimo terzo do sé culo XVI, chegaron á casa do Santo Oficio de Compostela rumores sobre prá cticas pouco acordes coa doutrina cató lica no condado de Monterrei. O licenciado Xoá n de Freixedo será o encargado de dirixirse á comarca do sueste ourensá n para iniciar unha pescuda co fin de aclarar a natureza dos rumores.
A aparició n duns cadá veres de mulleres novas mortas en estrañ as circunstancias provocará que a pescuda se vexa alterada e que dea paso a unha intricada historia na que se verá n implicados frades do colexio dos Xesuí tas, o intransixente inquisidor Diego de la Cantera, a condesa dona Iné s de Velasco e outros moitos personaxes. Arredor deles vaise tecendo unha conexió n entre as acció ns guerrilleiras dos rebeldes portugueses, unha mancebí a ambulante, o colexio xesuí ta e unha confrarí a pagá practicante de antigos ritos.
A trama e o desenlace desta novela negra con fondo histó rico seduce polo seu trepidante ritmo e por unha narrativa que nos mergulla nunha atmosfera de intriga atravesada pola transgresió n, a intolerancia e a liberació n.