Enfiando un ronsel de cantigas, muiñ eiras, maneos e xotas, 'Sei cantar e sei bailar' segue a pegada das viaxes de Dorothé Shubarth por Galicia. Neste á lbum ilustrado compañ aremos a musicó loga suí za do Courel á Costa da Morte, recollendo as voces das mulleres que mantiveron viva a faí sca da lingua no seu cantar. Tocaremos coa pandeireteiras de Mens, cantaremos con Adolfina e Rosa Casá s e bailaremos con Eva Castiñ eiras para homenaxear a todas as mulleres anó nimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa mú sica, poesí a e cultura ao longo dos sé culos. Elas todas son as homenaxeadas no Dí a das Letras Galegas 2025.
O á lbum, con texto de Eva Mejuto e ilustració ns de Lucí a Cobo, conta cun apé ndice informativo e cunha web para achegarlle á rapazada, e traballar na aula, un petisco do amplo universo da poesí a e da mú sica tradicional galega: a de onte e a de hoxe.