No universo, unha galaxia; nela, un sistema solar, unplaneta, un continente, unha península e, na súa punta máis salgada, un recantofeliz. Un lugar onde os mexillóns non xogan ao béisbol e Doraemon ten gardadono seu peto máxico un chimpín. Alí poderás facer piragüismo, empanadas, beatbox...e mesmo cantar un gol! Un sitio distinto, de mulleres bravas e cabalos aogalope, onde caen chuzos de punta e contan os tacóns, hai troula a todas as horase, no faro da fin do mundo, agarda por ti un solpor. E mentres, a poesía, chovendo versos, na súa tinta oumasterchof, que vén pra quedar, pra quedar, pra quedar... E as palabras, patasarriba, aturuxando e facendo equilibrios imposibles. Mergúllate nas páxinas deste libro: malo será que nondescubras, antes ou despois, de que estamos a falar. Dígocho eu!