Sentiredes que o vento asubí a nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pé s se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes 'el camaleó n, el camaleó n' no café Plantació ns. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo.
A verdadeira poesí a crea territorios. Habí taos. Ismael Ramos, ese rapaz da montañ a a quen ensinaron a estar só , hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesí a galega actual, que tamé n sabe construí r novas paisaxes, modificar xeografí as. Texto de Carlos Maquieira.