Marosa Vega, unha talentosa e há bil xornalista que foi despedida por andar sempre querendo investigar de má is, acepta un encargo moi especial dun antigo compañ eiro: Salva Lamas pí delle axuda para desentrañ ar un caso de corrupció n polí tica que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de ví timas.
Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos polí ticos, directivos de medios de comunicació n. . . Todos teñ en participació n e obteñ en beneficios da Administració n pú blica: a empresa, 'a má quina de verdade', como lle chaman. A sú a ambició n é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola sú a colaboració n en favor do partido polí tico no poder.
'Ningué n contará a verdade', de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupció n polí tica e as sú as consecuencias en cuxa trama de ficció n calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.