Unha adolescente narra os acontecementos que marcaron os meses previos a un devastador incendio. O lume arrasou Neboeiro, a aldea da sú a avoa, e cambioulle a vida para sempre. As primeiras experiencias sexuais, o acoso escolar, a morte e o forte ví nculo coa sú a avoa e cunha cadela abandonada determinan o devir da historia, ambientada nun rural descoidado que esmorece.
Cunha voz que escribe dende a inxenuidade, a tenrura e o humor, esta novela de Sara Vila Alonso explora a intimidade dunha nena que se fai adulta nun mundo hostil e violento, pero onde tamé n afloran os afectos, a amizade e o pracer. 'O incendio' é un relato sobre o lume, aí nda que o importante sexa todo o que sucede antes de que comece a arder.